Onte pola mañán disparábanse tódalas alarmas.,
A Farmacia de Peña ou a dos Catro Camiños abría a suas portas coma sempre para cerralas pouco despois. Enseguida empezaron a xurdir os primeiros rumores en canto as razóns deste peche tan apresurado.
A sicose na que nos atopamos envoltos fixo que se "inventaran" as causas do peche. Ademáis o cartel onde o comunicaba non era nada esclarecedor "Cerrado Temporalmente"
En poucas horas o rumor estaba extendido por todo CambadosDesde San Tomé ata a Lonxa, de Castrelo a Corbillón o tema do peche e as causas eran a comidilla do pobo. Tampouco axudou moito un comunicado vía whatsapp do grupo de familiares de residentes do Asilo de Cambados que decía de forma textual o seguinte."Buenas tardes. Como ya saben, hemos tenido un positivo de Covid en esta localidad, no muy lejos de nosotros; por tal motivo y por seguridad se suspenden las visitas a los residentes hasta nuevo aviso. Dependiendo de los resultados de trabajadores comunes se les irá informando. Muchas gracias por vuestra comprensión, paciencia y colaboración".
Enseguida se empezou a divulgar un caso positivo de COVID-19 entre o personal da farmacia.
Pronto empezaron as conxeturas e as alarmas. As farmacias son puntos onde acude a diario moita xente polo que de ser certo o caso poderíase extender por todo Cambados.
Fontes consultadas negaban o positivo e vinculábase todo ao malestar dunha das persoas traballadoras da botica con síntomas compatibles co coronavirus.
Fontes oficiais enseguida desmentiron a nova pero a rumoroloxía é máis forte. Finalmente é un falso positivo. E dicir, inicialmente polos síntomas creuse que era positivo. Pero os resultados daban negativo,tralas probas feitas ao persoal da Farmacia. En fin, non había un brote. E que se pechara a farmacia por precaución. Esto se confirmaba tras unha segunda proba que tamén dou negativo. E todas as probas que lle fixeron aos seus familiares, deron tamén negativo.
O vindeiro luns a Farmacia restablecerá a súa actividade con normalidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.