A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización do número de casos activos de coronavirus en Galicia.
O número de casos activos de COVID-19 en Galicia descendeu en 109 con respecto ao mércores ata situarse en 569, mentres que os pacientes curados han aumentado en 115 ata os 10.148.
Dos 569 casos activos en Galicia, 193 corresponden á área de Vigo (64 menos que o mércores); 139 ao da Coruña (oito menos); 112 á de Santiago (18 menos); 52 á de Ourense (oito menos); 38 á de Lugo (un menos); 20 á de Ferrol (os mesmos que onte) e 15 á de Pontevedra (dez menos).
Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 23 están en unidades de hospitalización e 545 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.148 persoas curadas. O falecemento dunha muller de 95 anos da área sanitaria de Ourense e que tiña patoloxías previas eleva a 618 as vítimas mortais ligadas á pandemia do coronavirus en Galicia.
O número de PCR realizadas é de 147.188.
Polo que respecta a Área Pontevedra- O Salnés, segundo o balance feito público este xoves 4 de xuño pola Consellería de Sanidade, contabilízanse 15 casos activos de Covid-19 na área sanitaria, o que supón un descenso de 10 nas últimas horas. Este descenso prodúcese ao dar 11 altas epidemiolóxicas e sumar soamente un novo contaxiado.
Todos os afectados evolucionan nos seus respectivos domicilios, polo que os hospitais da comarca suman un día máis sen ingresados con positivo activo de coronavirus.
Desde o inicio da pandemia curáronse na área sanitaria 875 pacientes que deran positivo, mentres que a cifra de falecementos segue estable en 16.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.