TELÉFONOS DE INTERESE

4 de junio de 2020

A ENTRADA DE TURISTAS INTERNACIONAIS EN ESPAÑA XA TEN DATA

22 de xuño, esa é a data. O día en que España levantará unha das medidas máis severas do estado de alarma Canarias e Baleares poderán empezar a recibir turistas a través de corredores seguros na segunda quincena de xuño O primeiro que fixo España como medida de protección contra o Coronavirus foi pechar as fronteiras, e a medida que avanza a desescalada a incógnita era saber cando levantará o Goberno as restricións de mobilidade co estranxeiro. O ministerio de Turismo acaba de anunciar que a partir do 22 de xuño abriranse as fronteiras terrestres con Francia e Portugal. A noticia, que acaba de confirmar a ministra de Turismo, Reyes Maroto, supón o adianto de 11 días da reapertura das fronteiras prevista para o día 1 de xullo. Hai que lembrar que as fronteiras terrestres permanecen pechadas (excepto para traballadores transfronteirizos e camioneiros) desde o inicio do estado de alarma, o 14 de marzo. O pasado 25 de maio, o Goberno anunciou que España levantará a corentena para os turistas estranxeiros o próximo 1 de xullo, e esa era ata o de agora a data para a reapertura do turismo internacional. Este é, en todo caso, un primeiro paso que agora toca coordinar cun protocolo común para Europa e acordos bilaterais con outros países. Con todo, o ministro de Transportes e Movilidad, José Luis Ábalos, xa abriu onte a porta para adiantar a apertura parcial das fronteiras, coa posta en marcha dalgunhas medidas concretas, xa que «os datos da evolución da pandemia e a rapidez coa que se desenvolve a desescalada permite a apertura ao turismo antes do 1 de xullo». O ministro afirmou que o seu departamento está a tentar garantir a chegada de turistas coa máxima seguridade, e o pasado sábado a ministra de Turismo, Reyes Maroto, avanzou que o Goberno está a traballar na creación de corredores seguros para que as comunidades máis avanzadas na desescalada poidan empezar a recibir turistas a segunda quincena de xuño. Alemáns e nórdicos Por agora, as únicas comunidades que xa teñen algunhas provincias en fase 3 son Baleares e Canarias, que ademais son destinaciones turísticas preferentes en España, así que eses serán os territorios que pronto poderán empezar a recibir turistas. «As illas ofrecéronse a facer estes corredores e falarei con outras comunidades que estean interesadas para poder definir que corredores e con que garantías», dixo a ministra, que con todo adiantou que haberá de esperar a metade de xuño para que os territorios estean un pouco mellor epidemiológicamente. A ministra avanzou que o obxectivo é poder testar os protocolos elaborados en materia turística no plan de desescalada tras o confinamento polo coronavirus, e a segunda quincena de xuño podería servir como avanzada da apertura de fronteiras o 1 de xullo.
Galicia, Andalucía e Canarias son as autonomías nas que este ano o turismo pode ter maior relevancia comparadas ao resto pola baixa incidencia do COVID-19. E pódense ver moi beneficiadas por esta causa.
O turismo supón un 13% do PIB español e a intención do Goberno é abrir fronteiras canto antes. Por iso, segundo a ministra, xa están a falar con «varios mercados» entre os que destacan Alemaña, un dos países que máis turistas achega a España, e os países nórdicos, que xa están nunha situación epidemiolóxica boa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.