Froito da cooperación policial internacional desenvolvida coas autoridades policiais de Senegal, tivo lugar a intervención e a abordaxe en augas internacionais próximas ao devandito país, dun veleiro propiedade da organización no que se acharon 5.140 kgs de haxix, polo que se procedeu á detención dos tres tripulantes de veleiro, dous de nacionalidade colombiana e un cidadán español, patrón da embarcación sendo trasladados ata Dakar. A Benemérita informa que os tripulantes do veleiro, ao decatarse da presenza policial tentaron desfacerse da mercadoría. Esta intervención foi levada a cabo por Forza da Armada de Senegal e do Servizo Marítimo da Garda Civil destacado en Senegal. Durante o desenvolvemento da operación, a Garda Civil exerceron unha vixilancia constante da actividade do devandito veleiro, mantendo un dispositivo de seguimento e vixilancia coa participación de medios aéreos e marítimos coordinados polo CECORVIGMAR da Garda Civil, co apoio de FRONTEX, así como activadas Unidades para a intervención e abordaxe no mar.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
4 de junio de 2020
DESARTELLADA UNHA REDE DE NARCOTRÁFICO CON RAMIFICACIÓNS EN CAMBADOS
Froito da cooperación policial internacional desenvolvida coas autoridades policiais de Senegal, tivo lugar a intervención e a abordaxe en augas internacionais próximas ao devandito país, dun veleiro propiedade da organización no que se acharon 5.140 kgs de haxix, polo que se procedeu á detención dos tres tripulantes de veleiro, dous de nacionalidade colombiana e un cidadán español, patrón da embarcación sendo trasladados ata Dakar. A Benemérita informa que os tripulantes do veleiro, ao decatarse da presenza policial tentaron desfacerse da mercadoría. Esta intervención foi levada a cabo por Forza da Armada de Senegal e do Servizo Marítimo da Garda Civil destacado en Senegal. Durante o desenvolvemento da operación, a Garda Civil exerceron unha vixilancia constante da actividade do devandito veleiro, mantendo un dispositivo de seguimento e vixilancia coa participación de medios aéreos e marítimos coordinados polo CECORVIGMAR da Garda Civil, co apoio de FRONTEX, así como activadas Unidades para a intervención e abordaxe no mar.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.