Un novo repunte no número de falecidos fai que galicia pase dos 560 mortos con coronavirus. Despois de non ter mortes o mércores, 8 o xoves e 3 onte hoxe volven a ser 8. Unha serra con altos e baixos que fará que non baixemos a garda.
A Consellería de Sanidade realizou unha aclaración en torno ao reconto de falecidos. Explica que onte Política Social informou dunha corrección: tratábase de reducir tres pacientes dos que declararan como falecidos en residencias e outros dous dos que declararan como falecidos en hospitais. Do cómputo total habería que reducir únicamente aos tres primeiros, dado que xa non se incluíron na información diaria ao Ministerio. Por tanto, o dato con esta corrección seguirá sendo 430 falecidos en hospitais e 127 en residencias. Un total de 557 pacientes falecidos antes de notificarse outros 8 decesos esta tarde, que elevan o total, definitivamente, a 563.
Dous novos falecementos en hospitais rexistrados durante as últimas horas elevaron a 563 os mortos con coronavirus en Galicia. En total, este sábado informouse de oito falecidos, seis en centros hospitalarios e dous máis en residencias.
Tamén se notificou o falecemento de dous internos da residencia de Santa Teresa de Jornet, na Coruña, co que o número de vítimas mortais nestes centros por mor da COVID-19 ascende a 127.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.