A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 104.990.
Cos datos que acaba de facer públicos Sanidade, en Galicia rexistráronse nas últimas 24 horas 44 novos positivos por coronavirus contrastados por PCR, o que eleva o total global na Comunidade a 9.011, entre contagios activos, curados e falecidos. Segundo a estatística, Galicia é a terceira Comunidade na que máis positivos rexistráronse o domingo, só por detrás de Cataluña e Castela e León. Madrid, unha das zonas máis castigadas pola pandemia, só sumou un novo contaxio, mentres que Murcia ou Baleares deixaron o contador a cero. Ademais, o Ministerio informa que oito pacientes precisaron ser ingresados en hospitais galegos, aínda que ningún novo en UCI.
O Sergas acaba de informar do falecimiento de tres persoas que foron diagnosticadas por coronavirus. Trátase de dous homes de 81 anos e 82 anos e unha muller de 93 anos que estaban ingresados no Chuac coruñés. «Todos tiñan patoloxías previas», anada o Servizo Galego de Saúde.
Hai que engadir morte de dúas persoas en residencias de maiores nas últimas horas segundo informaron este luns fontes da Consellería de Sanidade.
Trátase dun usuario que morreu na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña e outro usuario que faleceu na residencia Divino Mestre de Ourense. Deste xeito elévase a cifra total de falecementos a 572.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.