Un día máis hai que contar números positivos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en canto a pacientes curados. Son 14 os enfermos dados de alta, o que situa a cifra total en 583 persoas.
O Servizo Galego de Saúde informa que este domingo baixa a 186 os casos activos. A cifra de enfermos que pasan a enfermidade nas súas casas é de 179. Os outros sete (un menos que onte) ingresados en hospitais da área sanitaria.
En canto a enfermos en UCI sinalar que hai un paciente, igual que onte.
Hoxe están en planta 6 pacientes, baixa de 5 a 4 os ingresados no Hospital Montecelo e mantéñense 1 tanto no Quirón Domínguez como no Hospital do Salnés
Hoxe están en planta 6 pacientes, baixa de 5 a 4 os ingresados no Hospital Montecelo e mantéñense 1 tanto no Quirón Domínguez como no Hospital do Salnés
Desde o inicio da pandemia faleceron 16 pacientes na área sanitaria. 4 da comarca do Salnés.
Hoxe tamén recibeuse a nova do falecemento dun home de 52 anos natural de Ribadumia pero veciño de Meaño en Nixeria onde traballaba desde hai un tempo. Estanse a investigar as causas do falecemento para determinar si foi causada polo coronavirus. De ser así sería o segundo español morto por COVID-19 nese país africano.
En Galicia, os datos da Xunta informan que a suma de enfermos activos, falecementos e altas é xa de 9825 casos totais, un incremento de 52 respecto a os 9773 que se reportaron onte. O número de pacientes de coronavirus nestes momentos é de 3187, 48 menos que onte, mentres que o de falecidos mantense en 563 (o mesmo dato de onte pola noite) e o de altas subiu ata 6075 tras 94 pacientes curados máis.
Dos 3187 enfermos activos, 2896 están a pasar a enfermidade no seu domicilio, 36 están na UCI (onte eran 37) e 255 están en planta de hospital (261 onte). O total de hospitalizados baixou de 298 a 290.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.