Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2020

UN BULO PON DATA DEFINITIVA AO FIN DO CONFINAMENTO

A Cadena SER sae ao paso dun documento que se está a extender polas redes e que é totalmente falso. Nese documento, un falso extracto do B.O.E. con data do 13 de abril no que se determina o fin do confinamento de forma gradual especificando datas para sectores como o comercio ou o deporte.
E así o indican nesta nota emitida hai unhas horas.

"Está a circular en redes sociais un bulo coa marca de auga da Cadea SER sobre unha suposta información que é rotundamente falsa. En ningún caso esta radio distribuíu un documento no que aparece unha suposta decisión do Goberno, publicada no BOE, sobre a eliminación de certas restricións. Repetimos, é mentira, é un documento falso que non publicou a Cadea SER. Esta casa está comprometida coa información veraz e #ante a avalancha de bulos e ' fake news' que circulan estes días en redes sociais só cabe o desmentido e o firme compromiso coa información. Hoxe, máis que nunca, a radio eríxese como un servizo público para o cidadán, pero tamén como garante da democracia. Esa democracia que nos permite o acceso libre á información contrastada e a toda unha pluralidade de medios de comunicación. A Cadea SER e os seus traballadores e traballadoras seguen preocupados por ofrecer unha información honrada e contrastada. E así o seguiremos facendo, especialmente en momentos de incerteza como este, nos que é máis importante que nunca manterse ben informado e fuxir de todo bulo que circule en redes".



A NOVA na cadena SER


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.