Ademais, coñecéronse oito mortes no día de onte venres en residencias, o que sitúa a cifra en 73. Ademais, 68 persoas destes centros han falecidos en hospitais ou en residencias que foron medicalizadas pola Xunta.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
11 de abril de 2020
LIXEIRO REPUNTE EN ENFERMOS E FALECEMENTOS EN GALICIA
O número de casos infectados por coronavirus en Galicia elévase por encima das cifras dos últimos días, volvendo aos tres díxitos, algo que non ocorría desde o 6 de abril. Son 116 casos máis, o que sobe a cifra aos 5.747. É un crecemento que se coloca por centésimas por encima do 2 por cento, sendo do 2,06%.
Dos casos totais, 885 (+18) son maiores ou discapacitados que viven en centros residenciais. Tamén hai 400 profesionais (+35) que traballan nesas residencias están enfermas. Fixéronse 2.690 probas máis, chegando ás 42.122.
As altas elévanse en 85 e xa son 1.082, mentres que na UCI hai seis pacientes menos, o que sitúa a cifra en 143. Seguen hospitalizadas 716 persoas (-50), mentres que se eleva o número de pacientes en casa: son 4.888, 172 máis.
Este sábado confirmáronse xa 13 decesos máis na Comunidade, e o Sergas informa dun total de 347 mortos. Tiñan todos patoloxías previas e faleceron en hospitais. Un dos falecidos morreu no Hospital do Barbanza, dous en Santiago (un na Rosaleda e outro no CHUS), unha persoa no Hospital de Valdeorras, dous no CHUAC, dous no CHOU e 5 en Vigo: 4 no CHUVI e unha máis en Povisa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.