Unha vela parece ser a causa da orixe dun incendio rexistrado no interior dunha vivenda da Rúa Sevilla, no concello Cambados. O lume consumiu unha mesa auxiliar e provocou unha intensa fumareda.
Ao redor das 13:00 horas de hoxe, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar dun lume no salón da casa. De acordo co seu relato, había unha persoa no interior do domicilio con dificultades para saír.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Salnés. Desde o 112 informouse aos axentes da Policía Local e membros de Protección Civil de Cambados.
Unha vez no punto, os equipos de emerxencia trataron de axudar a persoa con dificultades a abandonar o inmoble. O Servicio Municipal de Emerxencias (Protección Civil) atallou as lapas e ventilou a vivenda e as persoas afectadas foron atendidas polo persoal sanitario do P.A.C. de Cambados.
Desde o 112 informouse aos axentes da Policía Local e membros de Protección Civil de Cambados.
Tanto o home M.E. P. de 87 anos como a súa filla B.E. N. de 58 anos foron atendidos polo persoal da ambulancia do 061 e persoal do P.A.C. de Cambados e non foi preciso o traslado a un centro hospitalario. A casa a pesares do incendio atópase habitable tralas medicións feitas polos equipos de emerxencia.
O pai saiu ileso pero a filla tiña pequenas queimaduras no pé e brazo esquerdo.
Estiveron presentes desde o principio a alcaldesa Fátima Abal e o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Tino Cordal.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.