TELÉFONOS DE INTERESE

11 de abril de 2020

CIFRAS MOI PARECIDAS AS DE ONTE NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS


Aumenta o número de casos confirmados por coronavirus na área sanitaria  de Pontevedra e O Salnés ao mesmo tempo que aumentan as altas médicas, seguindo a tendencia tanto a nivel galego como nacional.
Aumentan en 14 os casos de pacientes enfermos de coronavirus na  área sanitaria de Pontevedra e O Salnés polo que a día de hoxe hai 483 casos activos. No Hospital Montecelo están ingresadas 44(-1) persoas, 3 (igual que onte) no do Salnés e 1(igual) no Quirón  Domínguez de Pontevedra. Do total de ingresados, 13 pacientes están nas UCI´s, igual número que no día de onte. recupéranse nosseus domicilios un total de 422 casos confirmados, o que supón un aumento de 15 respecto a onte.
O número de altas médicas dadas nas últimas 24 horas é de 2, ata chegar a un total 110 dende o inicio da pandemia. O número de falecidos segue sendo de 10, tras varios días sen falecementos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.