TELÉFONOS DE INTERESE

10 de abril de 2020

MÁIS FALECIDOS POR COVID-19 EN GALICIA



O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña informou que, de acordo á última actualización outras seis persoas perderon a vida durante o día de hoxe a causa do COVID-19. A estas 6 mortes hai que sumar os nove falecidos dos que se dou conta na actualización desta mañá. O número de defuncións lamentadas ata o de agora sitúase en 324. Os últimos óbitos, todos –excepto un –con patoloxías previas e cuxa franxa de idade atopábase entre os 50 e os 90 anos. Os últimos casos confirmados nas últimas horas foron o dunha muller de 82 anos ingresada no Complexo Hospitalario de Santiago e un home de 84 anos no Complexo Hospitalario de Ourense. Así mesmo, faleceron dúas mulleres, de 50 e 74 anos respectivamente, ingresadas no Álvaro Cunqueiro de Vigo, ademais dun home no CHUAC. Desa suma de 324, foron máis de 250 as persoas que perderon a vida en hospitais. Cos últimos datos engadidos, 76 deles pereceron na área sanitaria da Coruña, 53 na de Vigo, 50 na de Ourense, 35 na de Santiago, 16 na de Ferrol, 18 en Lugo e once na de Pontevedra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.