Descende o número de pacientes hospitalizados de forma considerable. Tanto en planta como na UCI. Si onte eran 27 os pacientes ingresados nos centros hospitalarios hoxe son 12, polo tanto 15 menos.
Na UCI permanecen 2 por 4 que había onte. En planta hai 7 enfermos no Hospital de Montecelo, o que indica que son 13 pacientes menos que no día de onte. As cifras sen embargo mantéñense tanto no Hospital do Salnés e no Quirón Salud de Pontevedra, con 2 e 1 paciente en cada un.
Os casos activos son en total 214, un menos que onte. Polo tanto son 202 os pacientes que permanecen nos seus fogares agardando por recuperarse.
Dende o inicio da pandemia 546 persoas superaron o Covid-19 nesta área e houbo 15 falecementos, polo que un día máis temos que alegrarnos que neste apartado se manteña a cifra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.