TELÉFONOS DE INTERESE

27 de marzo de 2020

UN ERRO DA XUNTA CAUSOU ALARMA POLO FALSO POSITIVO NO ASILO

A Xunta ven de confirmar que non hai positivo algún no Asilo de Cambados. Un erro propiciou unha innecesaria alarma entre usuarios, traballadores, monxas, familiares e veciños da Residencia Virxe da Valvanera.

A axencia Europa Press publicaba onte e de novo esta tarde unha nova sobre os contaxios por coronavirus en residencias de maiores e Centros de Atención para Persoas con Discapacidade de Galicia. Nas duas novas a mencionaba ao Asilo de Cambados e que está afectado por un caso. A Axencia EFE e a propia Europa Press proporcionan a información a todos os medios  que non teñen delegacíons onde se producen as novas. O qu e fixo que medios comarcais rexionais e de nivel estala publicasen a nova como tamén fixemos desde este blog.

As probas foron realizadas a unha persoa que tiña síntomas compatibles coa enfermidade e que estaba ingresado por outras doenzas no Hospital do Salnés resultaron negativas. O  que si foi rexistrado nos balances oficiais foi o dun interno doutra residencia que e xestionada pola mesma empresa.
Finalmente esta tarde a Delegación de Sanidade en Pontevedra emiteu un comunicado desmentindo o positivo no Asilo de Cambados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.