TELÉFONOS DE INTERESE

27 de marzo de 2020

GALICIA ALCANCE O MEDIO CENTO DE MORTES POLO COVID-19


Na recta final da xornada, dous mortos máis 50 en total: un home de 71 anos, con patoloxías previas, ingresado no CHUS santiagués, e un home de 72 anos, tamén con patoloxías previas, ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, perdeu a vida polo coronavirus. Galicia alcanza así o medio centenar de vítimas, con sete xa este venres. informaron desde o Sergas.
Pouco antes un novo falecemento, desta vez nun dos focos de preocupación: unha residencia da terceira idade. Un home de 96 anos que estaba ingresado nunha residencia de Castro Caldelas (Ourense) falecía, segundo indicaron fontes da Consellería de Política Social.

A Consellería de Sanidade informaba ao longo do día da morte dun home de 74 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Ferrol, outro home de 84 anos, no CHUS santiagués, a sexta vítima e primeira no que ía de día é tamén un home de 90 anos ingresado no hospital pontevedrés de Montecelo.

A pesares destas mortes a boa nova é que o número de falecementos baixou con respeto a onte. No día de onte foron 10 os falecidos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.