A Consellería de Sanidade informa da morte dun home de 74 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Ferrol, outro home de 84 anos, no CHUS santiagués, A terceira vítima e primeira no que vai de día e tamén un home de 90 anos ingresado no hospital pontevedrés de Montecelo. Os tres tiñan diagnosticadas outras patoloxías previas, segundo o SERGAS. Con estas xa son 46 as vítimas contabilizadas polo coronavirus desde o comezo desta crise sanitaria en Galicia.
O exconselleiro de Presidencia da Xunta entre 1990 e 1999 da Xunta e exmandatario do Partido Popular Dositeo Rodríguez é a vítima 46 faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde permanecía ingresado con coronavirus desde mediados desta semana.
Polo que atinxe a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma un total de 260 casos activos de coronavirus desde o inicio da alerta sanitaria. A cifra supón 38 novos positivos con relación a onte (222).
Nos dous hospitais da área sanitaria (Salnés e Montecelo) hai un total de 84 persoas ingresadas con coronavirus, das que 12 están na UCI e 72 en planta deste últimos sete permanecen no Hospital do Salnés e 60 en Pontevedra.
O resto de contaxiados , 176 persoas, permanecen nos seus domicilios. Nesta área sanitari a tres pacientes foron dados de alta médica tras dar negativo ao repetir as probas de coronavirus. Un total de 6 pacientes morreron, un deles hoxe e do que informamos máis atrás.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.