TELÉFONOS DE INTERESE
▼
14 de marzo de 2020
SEGUEN AUMENTANDO OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS EN GALICIA
Núñez Feijóo compareceu hai uns minutos para actualizar as novas sobre o coronavirus. Unha comparecencia moi partidista e hipócrita como é habitual no presidente da Xunta e antes de rematar a comparecencia de Pedro Sánchez.
«Paréceme que a oposición estivo a un gran nivel de lealdade institucional. Gustaríanos ter un xefe da oposición co nivel de responsabilidade do señor Casado. Non quero lembrar crises sanitarias que se produciron hai non moito tempo e a resposta doutros líderes da oposición». Esquece, Feijóo, as declaracións de Casado nas que di que non entende que o governo se encomende á ciencia. Cecáis deberían rezar catro "padrenuestros" e coronavirus extinguido. «Eu hai cousas que non entendo. Como moitos cidadáns hai cousas non entendo, como anunciar o estado de alarma un venres, daquela o sabado pola tarde e que as medidas entren en vigor o domingo. Custa entendelo e supoño que habra razóns para iso». Tampouco se entende que a Xunta permitía abrir á hostelería con restricións onte ao mediodía e horas despois ordenaba cerrar todo.
En canto ao COVID-19, "Galicia, dixo Feijóo, contabiliza 153 persoas infectadas, a maioría 115 permanecen nos seus domicilios, o 75%; 31 están hospitalizadas, 7 nas UCI, e 4 persoas recibiron a alta médica. O nivel de contaxio en Galicia é do 5,73 por cada 100.000 habitantes, o nivel en España é como mínimo do 12,39 por cada 100.000. Galicia segue cun índice de contaxio que é a metade que o conxunto de España". "A inmensa maioría dos cidadáns que viven en Galicia atenderon escrupulosamente as recomendacións. Está a rebaixarse a presión sobre os teléfonos de atención".
Feijóo pide anular as eleccións «de forma inmediata» «Si creo que sería bo que os primeiros días da próxima semana decretásese o fin das eleccións de maneira inmediata para deixar de facilitar información sobre o voto por correo e non ter que designar representantes en mesas electorais. Sería bo anulalas de forma inmediata» «Levamos varios días manifestando que as eleccións do 5-A non forman parte da axenda do goberno de Galicia. Desde hai días, a axenda do goberno da Xunta non ten cabida a convocatoria electoral. Onte falei sobre este asunto co presidente do Goberno e onte á noite falei cos candidatos de PSdeG, Galicia en Común, BNG e Cs. Non puidemos falar ocn o líder de Vox porque non sabemos quen é o seu candidato á Presidencia da Xunta. Trasladámoslles que falar de eleccións neste momento non o entendería ningún cidadán de Galicia. Nesta situación non é razoable trasladar unha data. Falar de datas despois destes 14 días, é posible. Non sabemos a curva de incremento de infeccións, o número de persoas afectadas, como se vai a comportar esta crise sanitaria. Non toca falar de isto»
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.