Segunda vítima mortal por coronavirus en Galicia, que segue sumando casos, informou o Sergas á media noite do sábado ao domingo. O falecido é un home de 81 anos, con varias patoloxías previas, que foi ingresado no hospital Montecelo (Pontevedra). Segundo o servizo sanitario galego, tiña positivo na Covid-19 e foi un caso importado.
O primeiro falecido, rexistrado horas antes, o sábado, foi unha muller de 92 anos con "patoloxía múltiple" que foi ingresada no hospital Povisa de Vigo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo acaba de actualizar os datos dos infectados na Comunidade. Ata a tarde de onte o número de afectados era de 153 persoas positivas por coronavirus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.