TELÉFONOS DE INTERESE
▼
14 de marzo de 2020
PRIMEIRO CASO DE CORONAVIRUS NO HOSPITAL DO SALNÉS
Unha muller duns 70 anos veciña de Vilagarcía, primeiro caso de Coronavirus no Hospital do Salnés. Ao parecer o contaxio produceuse por estar a paciente en contacto con persoas que viaxaran a fora da nosa terra a zonas de risco. Tras o primeiro análise decideuse o seu ingreso hospitalario.
Este é o segundo caso dun contaxiado na nosa comarca. O primeiro foi un home de Meis de 45 anos que viaxara a Madrid.
As forzas de Seguridade pechan establecementos comerciais non permitidos
Os Corpos e Forzas de Seguridade tiveron que intervir en varios municipios da xeografía galega ao longo deste sábado para asegurar o peche de locais de lecer e evitar aglomeracións nos supermercados. Todo iso co obxectivo de cumprir coas directrices da emerxencia sanitaria decretada este venres pola Xunta ante a incidencia do novo coronavirus. Principalmente en Vigo como A Coruña, axentes dos seus corpos locais de policía tiveron que actuar para pechar establecementos que decidiron abrir esta mañá, ignorando o decreto do goberno galego. Antes de impoñer sancións, os axentes están a amoestar aos propietarios dos comercios, principalmente bares. En Cambados pasadas as 8 da tarde a Policía Local procedía a pechar un establecimiento aberto durante todo o día e que non estaba na lista de negocios cuxa apertura estivese permitida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.