TELÉFONOS DE INTERESE
▼
26 de marzo de 2020
PRIMEIRO POSITIVO NO ASILO DE CAMBADOS
O ASILO DE CAMBADOS NEGA O POSITIVO
O número de contaxios por Covid-19 nas residencias de maiores de Galicia elévase a 119, en dous casos con resultado de morte, tras rexistrarse oito novos positivos nas últimas horas, informou a Consellería de Política Social.
Da cifra total de contagios, 94 corresponden a usuarios, dous falecidos, residentes nos centros de Celanova (Ourense) e Bellolar (A Coruña); e os 25 restantes a traballadores.
O centro DomusVi Barreiro, en Vigo, o maior foco de coronavirus en Galicia, contabiliza 41 positivos, 35 residentes e seis traballadores.
Na residencia de Celanova mantense a cifra de 28 contagios, en tanto que a DomusVi San Lázaro (Compostela) contabiliza 16 positivos, todos residentes menos un traballador, e Residencia O Portazgo (A Coruña), doce, con tres novos casos nas últimas horas. Á listaxe de positivos por coronavirus uníronse as residencias da nosa Señora do Carme, en Fisterra, e A Nosa Señora de Valvanera, en Cambados, cun caso cada unha. Complétanos as residencias da Esperanza San Rosendo (Ourense), cinco; DomusVi Cangas, catro; A nosa Señora de Fátima (O Barco) e Fogar Bellolar (A Coruña), tres; e Caldas, Castro Caldelas, Betania (Viveiro), DomusVi Carballo e San Simón (Teo), un.
Persoas cercanas ao Asilo negan tal positivo, nos remitímonos as novas que refiren a Xunta como fonte da información.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.