TELÉFONOS DE INTERESE

26 de marzo de 2020

MÁIS DE 20 PERSOAS INFECTADAS POR CORONAVIRUS NO SALNÉS

Actualizado as 18:30

Supéranse xa os 222 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, aumentan tamén os hospitalizados no centro arousán, sete nestes intres, onde se contabilizan 4 falecementos e 3 pacientes dados de alta.

Un home de 74 anos é na cuarta vítima mortal do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Trátase do cuarto paciente falecido nesta área sanitaria desde que comezou a pandemia do Covid-19, todos homes, un deles ingresado no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez e os outros tres en Montecelo. Tiñan 81, 72 e 74 anos.

Segundo as cifras actualizadas esta mañá pola Consellería de Sanidade, están afectadas 222 persoas , 20 máis que o día anterior. Na citada área hai 64 hospitalizados en planta -8 deles no Hospital do Salnés- 10 pacientes están na UCI e 148 casos están en domicilio.

Na comarca do Salnés hai máis de 20 afectados. Varios traballadores, 6 segundo os datos dados, do Centro de Saúde de San Roque en Vilagarcía, 8 persoas en Cambados, algunha delas hospitalizada, duas persoas na Illa unha delas tamén hospitalizada. No Grove (4) e Sanxenxo tamén hai persoas enfermas e outros dous traballadores do Hospital do Salnés.
O número de infectados en España segue aumentando ata os 56.188 actualmente, rexistrando unha importante subida de casos en Cataluña e Madrid, que se converteu xa nas partes máis afectadas do país. Ademais o número de falecidos en España alcanza xa os 4.089.

A nivel mundial a pandemia afecta a máis de 462.000 persoas nun total de 186 países e xa son máis de 21.000 os falecidos, acumulando o maior número de defuncións Italia, onde segundo os últimos datos 7.503 persoas perderon a vida. España é por tanto o segundo país con máis defuncións tras superar a China na xornada deste pasado martes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.