TELÉFONOS DE INTERESE

26 de marzo de 2020

SEIS NOVAS MORTES NAS ÚLTIMAS HORAS EN GALICIA POR COVID-19

O Sergas acaba de informar do falecemento de catro enfermos máis que tiñan diagnóstico positivo por coronavirus.
Trátase de home de 84 anos e unha muller de 72 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña; un home de 63 que estaba ingresado no hospital de Ourense e un home de 81 que se atopaba ingresado no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra. Os catro casos estaban diagnosticados de coronavirus e tiñan patoloxías previas.

Hai un par de horas as mesmas fontes daban conta do deceso dunha muller de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Policlínico da Rosaleda de Santiago e dun home de 57 anos que estaba ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro. Ambos estaban diagnosticados de coronavirus e tiñan varias patoloxías previas.
A estas mortes hai que sumar tres máis notificadas pola mañán.
Con estas nove mortes, este «xoves negro», é o día de máis mortalidade desde que comezou a pandemia, eleva a cifra de falecidos en Galicia a 42.


Última Hora 22:30 hrs

Un home de 95 anos e con patoloxías previas morreu no CHUAC, na Coruña. Aumenta así a xornada negra en Galicia, con 10 falecidos infectados polo coronavirus, polo que xa son 43 persoas as que non puideron superar a enfermidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.