O Estado de Alarma xa é un feito. Como medida de prevención, o Goberno limitou a libre circulación dos cidadáns en toda España, polo que o confinamento en casa será de obrigatoriedade en caso de non ter un motivo polo que saír á rúa. É dicir, sempre que non se estea acudindo ao supermercado para comprar produtos de primeira necesidade ou acudindo ao traballo (en caso que a empresa así o crea necesario) será unha obrigación quedarse na casa. Tamén se poderá saír do domicilio para comprar produtos farmacéuticos.
O Goberno limitou a libre circulación dos cidadáns en toda España a partires do luns as 8 da mañán, como medida para frear a expansión do coronavirus. Así se reflicte no decreto que aprobou este sábado o Consello de Ministros extraordinario, que só permite os movementos en determinados casos concretos. En concreto, o decreto establece que as persoas só poderán circular "polas vías de uso público" en oito supostos, entre os que se atopa a adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade. Así mesmo, permítese saír á rúa para asistir a centros sanitarios, para desprazarse ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial, ou para volver ao lugar de residencia habitual. Tamén se permite saír para a asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerable, para acudir a entidades financeiras, "por causa de forza maior ou situación de necesidade", ou para "calquera outra actividade de análoga natureza debidamente xustificada.
- 2.940 en Madrid (133 mortos)
- 522 en País Vasco (19 mortos)
- 509 en Cataluña (6 mortos)
- 278 en La Rioja (2 mortos)
- 269 en Andalucía (3 muertos)
- 289 en Castilla-La Mancha (5 mortos)
- 223 en Castilla y León (3 mortos)
- 146 en Navarra
- 101 en Asturias (1 morto)
- 130 na Comunidad Valenciana (3 mortos)
- 115 en Galicia (1 morto)
- 80 en Aragón (7 mortos)
- 90 en Canarias (1 morto)
- 66 en Extremadura (1 morto)
- 47 en Murcia
- 30 en Baleares (1 morto)
- 31 en Cantabria
- 3 en Melilla
- Producíronse un total de 193 altas
Cifras totais: 5.867 casos diagnosticados
Fonte: Ministerio de Sanidad y consejerías autonómicas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.