TELÉFONOS DE INTERESE

18 de marzo de 2020

NOVO POSITIVO NA COMARCA DO SALNÉS


Un novo positivo na comarca e xa van tres.

Desta volta un veciño da Illa de Arousa está ingresado no Hospital do Salnés tras dar positivo na proba do coronavirus.
O primeiro caso foi o dun camioneiro de Meis de 45 anos que se contaxiara nunha viaxe a Madrid.
A segunda foi unha muller 
duns 70 anos de Vilagarcía que se contaxiara tras estar en contacto con persoas procedentes de rexións con altos índices de contaxio. O seu home tamén fora ingresado por este motivo. 
E agora este veciño da Illa de 64 anos. Ao parecer foi contaxiado tras unha viaxe polo sur de España, que realizou acompañado da súa muller e doutra parella.
Unha das persoas que o acompañaron está tamén sendo analizada polos servizos sanitarios tras presentar síntomas mentres que as outras dúas permanecen en corentena pero asintomáticas.
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade reiteran as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.