TELÉFONOS DE INTERESE

18 de marzo de 2020

NOVAS RESTRICCIÓNS A PARTIRES DESTA MEDIANOITE


O Goberno segue tomando medidas extraordinarias para acabar co coronavirus. Por iso, modificouse o Real Decreto RD 463/20 polo que a partir das 00.00 deste mércores 18 de marzo de 2020 queda prohibido circular en coche con acompañantes, é dicir só poderá desprazarse o condutor. Aquelas persoas que incumpran esta normativa serán sancionadas con multas de entre 300 e 1.000 euros. Unicamente aceptarase que nun coche viaxen máis dunha persoa en caso de forza maior como acompañar a persoas con discapacidade, a menores, persoas maiores ou por unha causa debidamente xustificable e demostrable. Esta modificación, engadida ao decreto creado o pasado 14 de marzo, súmase á limitación da liberdade de circulación polas vías de uso público ou outros espazos como poden ser as praias, para evitar aglomeracións de xente. Multas de ata 30.000 euros por non cumprir a lei É necesario lembrar a outras condicións que pode conlevar sanción como, por exemplo: Só está permitido abandonar o domicilio para tarefas como ir buscar alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade. Ademais, únicamente poderase asistir a centros, servizos e establecementos sanitarios e coidar a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables. Tamén se poderá ir ao lugar de traballo, en caso de ser necesario presentarse físicamente e que non se poida realizar teletraballo. As multas, segundo a Lei de Seguridade Cidadá de 2015, poderán oscilar entre os 601 e 30.000 euros, dependendo da gravidade do acto cometido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.