O coronavirus avanza incesantemente. Xa son máis de 13.700 os infectados en todo o Estado e, en tan só 24 horas, as mortes eleváronse a 598. O Estado de Alarma é, por tanto, algo máis que necesario e que se deberá seguir obrigatoriamente para non propagar máis o virus. En Madrid, o País Vasco e Cataluña, por exemplo, a pandemia é máis que evidente e as súas cifras superan todos os prognósticos.
Casos positivos por coronavirus en España: 13.716
Madrid: 5.637
País Vasco: 973
Cataluña: 1.866
A Rioxa: 419
Comunidade Valenciana: 726
Andalucía: 859
Castela e León: 668
Canarias: 181
Castela-A Mancha: 672
Aragón: 226
Cantabria: 68
Asturias: 242
Baleares: 112
Estremadura: 194
Galicia: 341
Navarra: 386
Murcia: 122
Melilla: 20
Ceuta: 1
Casos falecidos en España: 598 (aínda por detallar)
Comunidade Valenciana: 22 (Valencia)
País Vasco: 40 (Biscaia, Áraba)
Madrid: 390 (Madrid)
Aragón: 13 (Zaragoza)
Cataluña: 41 (Barcelona)
A Rioxa: 5 (Logroño)
Estremadura: 6 (Cáceres)
Asturias: 1
Baleares: 1 (Mallorca)
Castela-A Mancha: 28 (Albacete, Ciudad Real, Conca, Toledo)
Castela e León: 22 (Salamanca, Burgos, León)
Andalucía: 19 (Málaga, Xaén, Granada)
Canarias: 3 (Gran Canaria, Tenerife)
Galicia: 4 (A Coruña, Pontevedra)
Navarra: 3
Cantabria: 1
Crecen 2.538 novos casos respecto a onte
Fernando Simón anuncia a actualización de datos de casos por coronavirus en España. Respecto a onte, rexistráronse 2.583 novos casos, que representan un 18% máis. O que supón que o total de contagios sexa de 13.716. As comunidades máis afectadas seguen sendo a Comunidad de Madrid, Cataluña, o País Vasco, Navarra e A Rioxa.
Doutra banda, aumentaron os falecidos con 598 en total. Dos máis de 13.700 casos, hai 774 pacientes na UCI e xa se deron de alta 1.081.
Simón destacou que o incremento de casos está «por baixo do observado en semanas anteriores», aínda que puntualizou que se produciron cambios nas definicións de caso, polo que pediu «moita prudencia»para valorar esta retardación de contagios.
O 42% os pacientes que dan positivo en España teñen que ser hospitalizados, aínda que este dato difire entre CCAA, teniendo en cuenta que algunhas sufriron maior número de brotes en residencias de anciáns. A taxa de incidencia do coronavirus en España sitúase en 28 contagios por cada 100.000 habitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.