TELÉFONOS DE INTERESE
▼
29 de marzo de 2020
GALICIA CHEGA AOS 3000 CONTAXIADOS. 61 FALECIDOS
A incidencia do coronavirus en Galicia segue á alza. Segundo os últimos datos que acaba de facilitar o Sergas, na Comunidade hai nestes momentos 2.925 persoas contaxiadas coa enfermidade activa (3081 en total). Son 298 máis que onte, pero o día anterior a cifra crecera en 400 casos. Con todo, realizáronse menos test de detección durante esta xornada con respecto á anterior. Sobe tamén o número de altas que xa alcanzan as 153, fronte ás 95 que se rexistraban ata o sábado. Os falecidos xa son 61. Por áreas sanitarias, 639 dos enfermos son dá a da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol. O número de enfermos en UCI tamén soben e xa ocupan 122 camas. Ata o inicio desta crise a sanidade galega contaba con 166 camas de coidados intensivos. A Xunta anunciou que a súa intención é amplialas para que cheguen ás 600. O Sergas comunicaba a primeiras horas da mañán o falecemento dun home de 82 anos que fose diagnosticado por coronavirus. Estaba ingresado no CHUS de Santiago e, como a maioría de mortos en Galicia tiña patoloxías previas. Con este deceso, elévase a 61 o número de mortos na Comunidade desde que se desatou a alerta sanitaria. Á espera de que a Xunta actualice as cifras do impacto do coronavirus nesta xornada, durante a mañá de onte contabilizábanse en Galicia 2.627 persoas co virus activo. Outras 95 persoas superaran xa a enfermidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.