O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este sábado a paralización de todas as actividades non esenciais a partir do luns 30 de marzo e ata o xoves 9 de abril, ambos inclusive, para tentar frear o avance do coronavirus.
Sánchez dixo que esta «medida excepcional» supoñerá que todos os traballadores de actividades non esenciais «deberán quedarse na casa» a partir deste luns para o que terán un permiso retribuído «recuperable» durante todo o tempo e recibirán o seu salario «con normalidade».
Nese prazo, os traballadores recibirán o seu salario con normalidade e «recuperarán as horas de traballo non prestada de maneira paulatina e prolongada no tempo».
«Cando pase o estado de alarma, os traballadores poderán negociar traballar máis ata o 31 de decembro para compensar as horas», asegurou.
Este é a listaxe de empregos esenciais:
1. Persoal sanitario Forzas e corpos de seguridade
2. Transportistas de viaxeiros e mercadorías
3. Medios de comunicación
4. Persoal de operadores de telecomunicacións e centros de procesos de datos e de empresas instaladoras de telecomunicación para a instalación
5. Persoal de mantemento e reparación de redes de telecomunicacións
6. Persoal de centros de procesos de datos, operación e mantemento das redes de transporte e distribución de electricidade, gas, auga, e centrais de xeración de enerxía
7. Persoal de prevención e extinción de incendios
8. Traballadores de plantas petroquímicas ou centrais eléctricas ou nucleares
9. Persoal ligado a actividades de salvamento e seguridade marítima
10. Gasolineiras, portos e aeroportos Infraestruturas ferroviarias
11. Persoal de obras de interese xeral no ámbito sanitario, portuario, aeroportuario, viario e ferroviario, entre as cales se debe de incluír as telecomunicacións que se realicen no ámbito da xeografía ferroviaria, tanto para uso ferroviario como dos operadores de telecomunicacións, que se realicen nas mesmas
12. Plantas de procesamento de produtos agrícolas, cárnicos e pesqueiros e dos insumos necesarios para a súa elaboración, os traballadores que deben.
O resto de servizos que non se atopan nesta lista e no borrador non son consideradas esenciais e deberán parar.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.