TELÉFONOS DE INTERESE

28 de marzo de 2020

O SÁBADO CÉRRASE CON CIFRA RECORD DE MORTOS EN GALICIA


Outros dous homes e unha muller infectadas por coronavirus e que contaban con patoloxías previas faleceron este sábado, polo que as vítimas mortais con esta enfermidade ascenden a un total de 60 en Galicia. ‌ En concreto, segundo fontes da Consellería de Sanidade, trátase dun home de 82 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), outro de 80 no de Ferrol ( CHUF) e unha muller de 88 anos no de Ourense ( CHUO). A estas tres vítimas hai que sumar outras sete que morreron previamente durante o sábado. Delas, catro estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña ( Chuac): dous homes de 80 e 77 anos con patoloxías previas e outros dous, de 82 e 81 anos, que non contaban con ningunha complicación ata que contraeron o COVID-19. Ademais, faleceron un home de 89 anos ingresado no Hospital de Cee (A Coruña); outro de 79 no Hospital do Barbanza, en Ribeira (A Coruña); e un terceiro de 63 anos no CHUO. Estes tres si tiñan patoloxías previas. Cos tres novos falecementos coñecidos pasadas as 19,00 horas deste sábado, elévanse a dez as vítimas mortais da xornada. Polo momento, esta cifra iguálase á do pasado xoves, cando a Comunidade galega rexistraba o máximo número de mortos con coronavirus nun só día.
52 contagios máis en residencias de maiores de Galicia As residencias de maiores de Galicia contabilizan 245 contagios por coronavirus este sábado, 190 entre usuarios e 55 entre traballadores, mentres que non variou o número de falecidos, dez ata onte, segundo os últimos datos actualizados da Consellería de Política Social. Os positivos en residencias aumentaron nun día en 42 casos entre os usuarios e 10 entre os coidadores, informa Efe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.