Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2020

CAMBADOS E MEIS CONTRATARÁN A 30 TRABALLADORES COA AXUDA DA DEPUTACIÓN

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres a quinta relación da Liña 3 do Plan Concellos 2020. En concreto esta nova concesión de subvencións estará dotada de 1.349.376,84 euros para que Cambados, Campo Lameiro, Forcarei, A Lama, Meis, Nigrán, Salceda de Caselas, Soutomaior e Tui poidan contratar a un total de 133 traballadoras e traballadores municipais.
Máis polo miúdo, Cambados recibirá 213.125,72 euros para contratar a 21 persoas traballadoras, 1 técnico ou técnica en medio ambiente, 2 operarios o operarias de mantemento, 8 auxiliares administrativos, 4 auxiliares de cultura, 1 traballador ou traballadora social, 1 arquitecto ou arquitecta técnica, 1 técnico ou técnica en organización, 1 educador ou educadora familiar e 2 persoas de limpeza. 
No caso de Meis 108.905,49 euros para contratar 2 persoas de albanelaría, 1 electricista, 1 fontaneiro ou fontaneira, 1 pintor ou pintora, 2 carpinteiros ou carpinteiras e 2 peóns ou peoas de obras públicas
A selección deste persoal faise, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.