Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de enero de 2020

GRAFICAS SALNÉS DEIXA DE SER CAMBADESA


O grupo empresarial galego  Figrupo acaba de adquirir Gráficas Salnés, unha operación que permitirá á empresa de Cambados facer fronte a "importantes investimentos" que lle permitan "consolidar a súa traxectoria e seguir avanzando na transformación tecnolóxica da empresa".


Segundo informou  Figrupo a través dun comunicado, "o que naceu como imprenta tradicional foi evolucionando cara a unha empresa de innovación, deseño e tecnoloxía, que con este cambio espera ver reforzada a súa presenza no mercado nacional e internacional".


Ademais de abordar todo o servizo de preimpresión e impresión  offset, dixital e  serigráfica, Gráficas Salnés fornece envases a sectores como perfumería, farmacia, vitivinícola e de conservas, entre outros. No ano 2018 foi galardoada cunha das distincións máis prestixiosas no mercado das artes gráficas, o premio  LiderPack. Ademais, a Xunta de Galicia concedeulle en 2019 o premio á Innovación tecnolóxica dentro dos proxectos de Agader.


Respecto a  Figrupo, trátase dun grupo empresarial con forte presenza en Galicia e diversificación en distintos sectores como o náutico, ambiental, inmobiliario, de gasolineiras independentes e de atención a maiores

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.