Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2019

A XENTE DO MAR DE CAMBADOS PROTAGONISTA NUN VÍDEO DA XUNTA DE GALICIA

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou hoxe en Bruxelas o vídeo Galicia, desde o mar -Galicia, by the sea-, para mostrar ás autoridades europeas e á sociedade en xeral a realidade do mar e das súas xentes na comunidade autónoma galega e concienciar da importancia de que o aspecto social sexa tido en conta á hora de adoptar medidas de xestión como a fixación dos totais admisibles de capturas (TAC) e cotas. De feito, a titular de Mar incidiu en que os profesionais do mar, lonxe de supoñer un problema para o medio mariño, son parte da solución ás dificultades que se poidan atopar neste eido pois “non entenden a súa vida sen o mar e están concienciados no seu coidado”.
"En Galicia 20.000 persoas e as súas correspondentes familias viven directamente do mar. Mulleres e homes con rostro, nome e apelido que queremos que se coñezan
Persoas con salitre nas veas que marcan o noso forte acento salgado. Elas e eles son o corazón e a faciana do mar de Galicia e boa parte das decisións de xestión que lles afectan, tómanse en Bruxelas. Europa ten que poñer cara á pesca e Galicia quere exercer de altavoz. Con ese obxectivo nace “Desde o mar” ou “By the sea”"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.