TELÉFONOS DE INTERESE

8 de noviembre de 2019

A BOLIÑA DECIDEU QUE SERÁ O XEFE DA POLICÍA LOCAL EN AUSENCIA DO TITULAR


Alejandro Falcón Guerra será quen se encargue de dirixir a Policía Local de Cambados en ausencia do inspector Maximino Cid, actualmente de vacacións.
A súa designación realizouse esta mañá a través dun inusual sorteo cun pequeno bombo de bingo celebrado esta mañá no salón de plenos do Concello.
I é que Falcón empatara en puntos con outro aspirante ao posto, Santiago Otero, e o tribunal calificador optou por este sistema para solventar o desempate de forma máis xusta.
O  pasado mes de outrubro procedíase mediante Resolución da Alcaldía do 24.10.2019 a aprobar as Bases para a elaboración dunha lista de reserva para a cobertura temporal do posto de Xefe/a da Policía Local do Concello de Cambados. Esto é, ter uns sustituto en caso de baixa ou vacacións do actual posuídor do cargo.
Publicábase en días pasados a resolución na que se producía un empate entre os aspirantes D. Alejandro Falcón Guerra e D. Santiago Otero Padín. 
As Bases reguladoras non establecen criterio de desempate ningún.
Nunha das bases do proceso, queda a mercede do Tribunal Cualificador resolver cantas cuestións se susciten na interpretación das Bases quedando autorizado para resolver cantas dúbidas poidan expoñerse e para adoptar os acordos que garantan a boa orde da convocatoria, en todo o non previsto nas bases e a normativa aplicable.
A Base sétima da convocatoria determina que o Tribunal Cualificador debe publicar a relación, por orde de puntuación, dos aspirantes para a posterior aprobación da lista de reserva por parte da alcaldía.
Visto que, a maior motivación, o sorteo se presenta como criterio obxectivo, imparcial e onde os aspirantes empatados, que amosan mérito e capacidade, teñen a mesma probabilidade de resultar elixidos.
Vistos os antecedentes celebraouse hoxe o sorteo público para dirimir o empate entre as puntuacións dos aspirantes D. Alejandro Falcón Guerra e D. Santiago Otero Padín.

Artigo relacionado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.