TELÉFONOS DE INTERESE

8 de noviembre de 2019

CAMBADOS RENDE HOMENAXE A CABANILLAS POLO SEU LX CABODANO


O Concello de Cambados e o IES F.Asorey asinan un convenio de colaboración para no concurso de poesía e relato curto ‘Cambados Mar de Letras’
Mañán sábado, ás 12 do mediodía no Paseo da Calzada, terá lugar os actos de homenaxe propiamente ditos: a ofrenda floral, lectura dos seus poemas e o rematar haberá un concerto a cargo do grupo Bou de Bou de Cambados.
Cambados conmemorará, como xa é tradición, o Cabodano de Ramón Cabanillas. Os actos van ter lugar este venres e sábado e inclúe a entrega de premios do concurso ‘Cambados Mar de letras’. Ademais, farase unha lectura de poemas e a ofrenda floral o sábado no Paseo da Calzada.
O 9 de novembro do ano 1.959 faleceu Ramón Cabanillas. Este fin de semana, coincidindo co cabodano do ilustre escritor, o Concello de Cambados vaille render homenaxe, nun acto que xa se converteu en toda unha tradición.
A xornada vai arrancar este ano coa entrega de premios do concurso de poesía e relato curto ‘Cambados Mar de Letras’, creado polo instituto Francisco Asorey e o Concello, motivo polo que a Xunta de Goberno Local aprobou un convenio de colaboración entre o centro educativo e o Concello de Cambados.
A entrega de premios ttivo lugar ás 11:45 desta mañá de venres no salón de actos do IES Asorey. Xa o sábado pola maña, contra as 12 do mediodía, terá lugar a os actos de homenaxe propiamente ditos, organizados polo Tenente de Alcalde, Tino Cordal: a ofrenda floral da súa neta, Pitusa Cabanillas, lectura dos seus poemas, ante a súa figura no Paseo da Calzada a cargo de Maribel Iglesias, Manuel Nuñez, Domingo Tabuyo, Ramón Caride, o catedrático Francisco Fernández Rei e a gañadora do concurso de poesía de este ano no concurso ‘Cambados Mar de Letras’, Lucia Boullosa Alvarez e o premiado co accésit nesta categoría, o seu irmán Marcos Boullosa Alvarez, e o rematar haberá un concerto a cargo do grupo Bou de Bou de Cambados. A maiores, co fin de perpetuar a memoria do poeta, vanse instalar nos vindeiros días o “Roteiro Cabanillas” que a través de vinte catro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a súa vida e traxectoria, a cargo da empresa adxudicataria Zona de Obra O Rosal cun investimento de 14.422,40 €.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.