TELÉFONOS DE INTERESE

7 de noviembre de 2019

UN SORTEO DIRIMIRÁ QUE SERÁ O XEFE DA POLICÍA LOCAL EN AUSENCIA DO TITULAR


O  pasado mes de outrubro procedíase mediante Resolución da Alcaldía do 24.10.2019 a aprobar as Bases para a elaboración dunha lista de reserva para a cobertura temporal do posto de Xefe/a da Policía Local do Concello de Cambados. Esto é, ter uns sustituto en caso de baixa ou vacacións do actual posuídor do cargo.
Finalizado o período establecido para a presentación de instancias a Alcaldía de conformidade coa Base 4ª aprobada, a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo e, non existindo ningún excluído na mesma, elevouse a definitiva sendo os candidatos:
  • Falcón Guerra, Alejandro 
  • Otero Padín, Santiago
  • Pontevedra Riveiro, Agustín
No día de hoxe publicábase a resolución na que se produce un empate entre os aspirantes D. Alejandro Falcón Guerra e D. Santiago Otero Padín. 
As Bases reguladoras non establecen criterio de desempate ningún.
Nunha das bases do proceso, queda a mercede do Tribunal Cualificador resolver cantas cuestións se susciten na interpretación das Bases quedando autorizado para resolver cantas dúbidas poidan expoñerse e para adoptar os acordos que garantan a boa orde da convocatoria, en todo o non previsto nas bases e a normativa aplicable.
Visto que as Bases reguladoras remítense á Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (“Promoción interna ata a categoría de intendente: baremo de méritos para a fase de concurso”) (DOG nº 22 de 02.02.2009), no relativo aos méritos que son avaliables.
O Concello de Cambados asinou no seu momento coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia o Convenio para a asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da Policía Local e as prazas de Auxiliares da Policía Local ao abeiro do Decreto 115/2017 do 17 de novembro polo que se regula a cooperación da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, turnos de acceso libre e concurso. Na Orde de 31 de maio de 2019 pola que convoca proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da policía local de Galicia (DOG nº 115 de 19.06.2019), ditada en desenvolvemento do citado Decreto establece os seguintes criterios de desempate,
“a)Criterio de desempate recollido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller. (Non se da o caso)
b)Menor tempo acadado na proba de resistencia xeral, carreira de 1.000 metros lisos. (Non se da o caso)
c)Menor tempo acadado na proba de velocidade, carreira de 50 metros lisos. (Non se da o caso)
d)En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.”
A Base sétima da convocatoria determina que o Tribunal Cualificador debe publicar a relación, por orde de puntuación, dos aspirantes para a posterior aprobación da lista de reserva por parte da alcaldía.
Visto que, a maior motivación, o sorteo se presenta como criterio obxectivo, imparcial e onde os aspirantes empatados, que amosan mérito e capacidade, teñen a mesma probabilidade de resultar elixidos.
Vistos os antecedentes celebrarase un sorteo público para dirimir o empate entre as puntuacións dos aspirantes D. Alejandro Falcón Guerra e D. Santiago Otero Padín.
O sorteo celebrarase en acto público mañán venres 08 de novembro ás 9 da mañán no salón de sesións da Casa do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.