Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de agosto de 2019

UNHA MULLER DA COMARCA É A GAÑADORA DOS CASE 800.000€ DA PRIMITIVA DE ONTE



Na única administración de lotaría de Cambados,situada a carón da praza de abastos  validouse un dos boletos agraciados cun premio de primeira categoría no sorteo da Primitiva de onte xoves. O premio é de case oitocentos mil euros. Da  gañadora non se sabe máis que é de idade, da comarca i é que esta mañá pasou a comprobar si era ela a acertante

O propietario da Administración de lotaría comentaba aos medios de comunicación antes de que a agraciada pasase polo despacho que: "Por suposto que non. E mellor que non apareza, que ninguén o saiba, que vaia ao banco e nada máis. Sendo agosto hai bastantes posibilidades de que sexa un turista. Se fose no inverno, máis xente da casa, pero neste mes pode ser da casa ou de fóra." Minutos despois aparecía a afortunada con gran tranquilidade e despois de comprobar o seu boleto dirixíase a unha entidade bancaria.
O boleto premiado tiña dúas apostas só para o xoves, fíxoo a máquina automaticamente e custou dous euros.
Para Juan Martínez Rial, fillo dos primeiros propietarios do negocio, é o seu segundo gran premio despois doutra Primitiva de 861.000 euros do 2017.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.