Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2019

PRESENTADO O CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO





Zona Centro presentou esta mañá o XII Concurso de Camisetas do Albariño 2019, un evento que reparte 600 euros en premios para as tres camisetas máis orixinais da LXVII Festa do Albariño.
Como en anteriores edicións, serán admitidas a concurso todas as camisetas que sexan entregadas antes das 13:30 horas do venres 2 de agosto nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Nova nº 4 (antiga biblioteca).
Ademais do concurso de camisetas, Zona Centro presentou unha iniciativa destinada a seguridade dos máis pequenos durante a festa, unhas pulseiras identificativas que servirán de gran axuda no caso de que un menor perda o contacto visual cos seus pais ou titores. As pulseiras estarán a disposición dos que precisen delas na oficina de Zona Centro, na oficina de Turismo e, durante a festa, no Punto Morado.

BASES XII CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO (2.019)
A Asociación Cambados Zona Centro, C.C.U. de Cambados, convoca a 12ª Edición do “CONCURSO DE CAMISETAS DA FESTA DO ALBARIÑO”, e que ten por finalidade fomenta-la creatividade e a participación das persoas asistentes a esta gran Festa do Albariño.
1. PARTICIPANTES.
Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse ó concurso. A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de ser gañadores, debe ter como mínimo 18 anos de idade.
2. TEMÁTICA.
Liberdade nos temas (parodias típicas do albariño), sen que se poida ofender de ningunha forma a calquera persoa física ou xurídica.
3. INSCRIPCIÓN NO CONCURSO.
Cada grupo de participantes deberán depositar:
– A folla de inscrición cuberta.
– 1 camiseta, para que o xurado poida facer a valoración pertinente.
Asociación Cambados Zona Centro
Rúa Nova, 4
36.630 – Cambados (Pontevedra)
Tfno.- 986 52 09 02 ext.- #742
info@cambadoszonacentro.com
4. LUGAR DE ENTREGA E DATA DE PRESENTACIÓN.
– O lugar de entrega da folla de inscrición e a camiseta é nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Nova nº 4 (antiga biblioteca), en horario de 9:00 a 14:00 horas.
– O último día para realizar a inscripción é o Venres 2 de agosto ate as 13:00 horas.
5. XURADO.
O xurado estará composto polos socios e directivos da asociación Cambados Zona Centro.
6. PREMIOS.
Establécese os seguintes premios en vales compra :
1º PREMIO: 300,00 €
2º PREMIO: 200,00 €
3º PREMIO: 100,00 €
7. ENTREGA DE PREMIOS.
Este premio será entregado ó grupo gañador o sábado día 3 de agosto no Concello de Cambados as 12:30 horas, expoñendo ante os medios de comunicación as camisetas gañadoras do concurso.
8. MÁIS INFORMACIÓN.
Oficinas da asociación Cambados Zona Centro
Rúa Nova nº 4 (antiga biblioteca)
Horario: 9:00 a 14:00 horas.
Tlf.: (986) 52 09 02 (ext.: #742) e_mail: info@cambadoszonacentro.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.