Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de julio de 2019

MÁIS DE 300 INSCRITOS NA IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS


O concello de Cambados organiza unha vez máis vindeiro domingo, día 7 de xullo a “IX Carrera Popular Concello de Cambados”. 

A IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados, celebrarase o vindeiro domingo, 7 de xullo ás 10:30 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. Esta proba pertence ó calendario de Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo comité galego de xuices e cornometradores. As marcas rexistradas terán carácter oficial. 
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 4 de xullo, ás 23 horas. 
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o día da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS (NA MESMA PRAZA), a partir das 8: 30 horas ata media hora antes do inicio da proba. 
SERVIZOS
  • Haberá avituallamento sólido e líquido (perante o percorrido e ó remata-lo mesmo) 
  • Camiseta técnica conmemorativa para ata esgotar existencias.
  • Contarase cun servizo de animación para os acompañantes dos atletas e o público en xeral.
  • Vestiarios e duchas: Habilitarase o Pavillón Municipal de O Pombal dende as 11:00 ás 14:00 horas. 

TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO 

A saída e a meta da carreira serán na Praza de Fefiñáns. Para dar seguridad aos atletas, que correrán unha distancia de 10 kilómetros, entre as 09:30 e as 12:00 horas, procederase ao corte das seguintes rúas: Avenida de Vilagarcía (Cruce con Avenida da Coruña) Avenida da Coruña, Rua Pombal, Ribeira de Fefiñáns, Paseo da Calzada, Paseo Marítimo, Alameda de Santomé, Cruce Catro Camiños, Avenida de Galicia, Praza do Concello, Avenida de Vilariño ata o cruce con Avenida de Madrid, Avenida de Madrid e Rúa Real.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.