Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de julio de 2019

AS OBRAS NO CABANILLAS COMEZARÁN CON RETRASO




A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar a rehabilitación integral do IES Ramón Cabanillas (Cambados), cun investimento de 1.008.525,54 euros.
Esta adxudicación chega con retraso posto que a obra anunciada hai exáctamente dous meses comprometéndose a empezar as obras recién rematado o curso para que dera tempo a acabar antes de que comezara o curso 19/20. 
As obras realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018.  Como anticipaba Jesús Oitavén, "a plataforma de Contratos de Galicia publicaba hoxe (polo dia 10 de maio) a licitación das devanditas 22 rehabilitacións, o que permitirá adxudicar as obras a finais de xuño e comezalas a mediados do mes de xullo, sempre e cando se outorguen as pertinentes licenzas municipais".
As actuacións contempladas inclúen medidas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso farase unha nova sala de caldeiras, na que se cambia o sistema actual de gasóleo por un novo sistema de caldeiras-tándem de biomasa de alta eficiencia.
Ademáis, renovaranse as cubertas das distintas alas da edificación, ben con nova cuberta de tella curva ou con láminas bituminosas.
Así mesmo, aillarase a fachada polo exterior mediante sistema SATE, colocaranse novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre baixo emisivo e instalaranse luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza na planta baixa, así como en corredores e aseos das plantas primeira e segunda.
Segundo as estimacións da Conselleía de Educación, todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 74,60 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 81,60 % en emisións de CO2.
A obra de rehabilitación inclúe, a maiores, a colocación de falso teito na planta baixa e o pintado dos paramentos que se atopen en mal estado.

En Vilagarcía de Arousa tamén se farán obras no CEIP Arealonga por valor de 616.710,25.

Info: Arousa Sí Radio


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.