Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de mayo de 2019

SOMOS CAMBADOS REMATA A CAMPAÑA CUNHA FESTA SOLIDARIA NO PARQUE DE TORRADO A BENEFICIO DO REFUXIO DE ANIMAIS


- Somos Cambados programa dous actos para a recta final da campaña.
Este venres, Somos Cambados pechará a súa campaña cunha festa solidaria a beneficio do Refuxio de Animais de Cambados. No parque de Torrado e desde as 18:00 h. haberá inchables e talleres para os máis pequenos e actuacións musicais de grupos locais desde as 21:00 h. ata a media noite. Somos Cambados instalará unha barra na que se servirán bebidas a cambio dun donativo que irá integramente destinado ao Refuxio de Animais. Con esta iniciativa, Somos Cambados quere agradecer o gran traballo que realizan os voluntarios do Refuxio e axudarlles a sufragar os gastos que ocasiona o seu mantemento. Con esta festa de fin de campaña, Tino Coral, candidato á alcaldía por Somos Cambados, quere agradecer “a todos os cambadeses a extraordinaria acollida que tiveron os nosos actos e a crecente corrente de ilusión e simpatía que está a medrar día a día desde o comezo desta campaña electoral”. Encontro cos Veciños de Fefiñans de Somos Cambados Despois de facer o acto de presentación da candidatura de Somos Cambados no Paseo da Calzada, no barrio de Cambados, e o acto central de Campaña no Salón Peña, preto do Barrio de San Tome. Somos Cambados vai pechar os encontros cos veciños de Cambados no barrio de Fefiñans, barrio natal do candidato a Alcaldía Tino Cordal. O xoves, ás 21:00 h. no bar Mascott (Fefiñáns) celebrará un encontro cos veciños, no que intervirá o candidato á alcaldía, Tino Cordal, e outros integrantes desta candidatura veciñal. Por último, Cordal fixo un chamamento a todos os cambadeses para que se acheguen a estes dous actos a escoitar as propostas de Somos Cambados para os próximos catro anos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.