A Xunta de Feijóo por fin atende as peticións dos habitates do Salnés e dotará a nosa comarca da ambulancia de soporte vital tan demandada.
As presións dos veciños e o periodo electoral axudaron a que se acade esta aspiración de varios anos.
Xunta salienta que, en total, Galicia contará con 16 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado, 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e 2 ambulancias non asistenciais convencionais
A Xunta esixirá que conten con dispositivos actualizados en materia de seguridade e novos materiais sanitarios de aplicación en medicina e enfermería de urxencia.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou na rolda de prensa de Consello, da autorización da contratación do servizo de transporte urxente terrestre por un importe de 184M€ no período 2019-2023.
Trátase dunha licitación, dixo, que permitirá incorporar 6 novas ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado -2 delas medicalizadas e 4 de enfermería-, 1 nova unidade de soporte vital básico, o incremento nas horas de operatividade de 2 ambulancias non asistenciais e a actualización tecnolóxica dos equipos.
Con estas incorporacións, Galicia contará con 125 ambulancias, 16 asistenciais de soporte vital avanzado, 107 asistenciais de soporte vital básico e 2 non asistenciais convencionais.
Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que en virtude deste acordo as novas ambulancias de soporte vital avanzado terán a súa base no concello de Monforte de Lemos e no Salnés. Mentres que as 4 de enfermería terán base nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vigo.
Durante a súa intervención, Feijóo explicou tamén que os pregos do contrato inclúen tamén modernizacións tecnolóxicas tales como a actualización dos equipos de comunicación con conexión de datos, xeolocalización, aplicación de mapas e un sistema de navegación avanzado.
Nese sentido, engadiu, se lles esixirá que conten con dispositivos actualizados en materia de seguridade activa e pasiva e equipamentos sanitarios máis modernos e novos materiais sanitarios de aplicación en medicina e enfermería de urxencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.