Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2019

EXCURSIÓN A MUXÍA, VIMIANZO, ÉZARO E MUROS


A Concellería de Terceira Idade de Cambados organiza una excursión a Muxía, Vimianzo, Ézaro e Muros


A excursión realizarase o mércores 8 de maio. A viaxe en autocar é gratuíta pero o xantar corre a conta dos excursionistas cambadeses


A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión a Muxía, Vimianzo, Ézaro e Muros para cambadeses e cambadesas maiores de 60 anos. A viaxe realizarase o vindeiro mércores 8 de maio. O Concello alugou con esa finalidade dous autobuses que sairán da praza do Concello ás  8:30 horas da mañá dese día.


Os autocares sairán de Cambados con destino a Vimianzo, onde está previsto visitar o Castelo desa localidade. Logo, os maiores cambadeses trasladaranse a Muxía para visitar o Santuario da Nosa Señora da Barca. Posteriormente, irán xantar nun restaurante en Cee. Xa pola tarde, visitarán a Fervenza do Ézaro. Antes de regresar a Cambados, os excursionistas poderán pasear polas rúas do casco histórico de Muros.


A viaxe é gratuíta e estará sufragada integramente pola partida orzamentaria para a Terceira Idade do Concello de Cambados. O xantar en Cee custará 15 euros e correrá por conta dos excursionistas.


As prazas para esta excursión son limitadas. Hai que inscribirse no Concello, no despacho de Consumo, sito na primeira planta da Casa Consistorial. Un requisito indispensable para poder participar desta excursión é estar empadroado en Cambados.


A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade entende que este tipo de actividades son moi beneficiosas para a saúde física e mental dos nosos maiores. Ademais, moitos deles terán unha oportunidade única para visitar por primeira vez o Castelo de Vimianzo, o Santuario da Nosa Señora da Barca en Muxía, Cee, a Fervenza do Ézaro no municipio de Dumbría e o casco histórico de Muros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.