Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2019

RASTREXO CAMBADOS 2019


O Concello de Cambados ofrece unha boa ocasión para gozar en familia. Nenos de entre 4 e 13 anos e adultos están convidados a participar nun xogo de rastrexo que ten unha tripla vertente: lúdica, formativa e deportiva.

Sábado • 11 horas • Monte da Pastora

– DESCRICIÓN
Andaina de equipos onde se fai un percorrido a pé no cal os participantes, con apoio dun mapa, han de pasar nunha orde preestablecida un número de puntos/controis onde terán que atopar un sobre cunhas instruccións ou pistas que haberá que interpretar e tamén realizar ou resolver probas.


– PARTICIPANTES
Aberta á toda a poboación e especialmente dirixida ao público infantil e xuvenil, cun claro carácter participativo, non competitivo.
Os participantes dispoñeranse en equipos (mínimo 3 e máximo 8 persoas).
Os equipos formados por nenos entre 4 e 13 anos deberán ir acompañados dun adulto.


– PERCORRIDO
Percorrido circular, de 3 km aproximadamente, ao aire libre pola ruta de sendeirismo A Pastora-Umia.
Saída e chegada: Monte da Pastora (Cambados).


– DÍA
Día 16 de marzo de 2019


– HORA/DURACIÓN
Hora de Saída ás 11:00 h. Duración aproximada de toda actividade 3 horas:
de 10:30 a 13:30 h


– PREMIOS
Medallas ou diplomas de participación para todos os participantes.
Trofeos representativos de ouro, prata e bronce para os tres equipos mellores clasificados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.