O Departamento de Cultura do Concello de Cambados inaugura a exposición de PRACE, grupo de investigación da Universidade de Vigo (Facultade de Belas Artes de Pontevedra), que terá lugar mañán venres, 15 de febreiro, ás 20h.
A exposición poderá ser visitada ata o 24 de marzo no espazo de exposicións de Torrado.
Prace, é o termo que dá nome ao grupo de traballo creado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que investiga e explora varias áreas á hora de experimentar e pensar a arte e por primeira vez, expón de forma colectiva.
"Provisionalidade Permanente", achega obras de dez profesores e estudantes de Belas Artes: Iria Cortizo, Julia Huete, Roi Domínguez, Alba M. Fandiño, Chelo Matesanz, Mónica Ortúzar, Ventura A. Pérez, Yolanda Ríos Coello, Javier Tadela e Juan Carlos Román. A través da fotografía, a pintura, a escultura, as instalacións e os obxectos, Prace plasma as últimas tendencias da arte contemporáneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.