O egresado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Busto Leis, alcanzou o posto número uno no exame MIR -medicina- 2019, segundo os resultados provisionais que publica este luns o Goberno.
Na proba, segundo informou a USC, Busto Leis obtivo unha puntuación de 93,1034, que cun baremo de 3,3654 fai un total de 101,9231. Ademais, na convocatoria do FIR -farmacia- 2019, a USC conta nos dez primeiros postos con dous egresados. Concretamente, Manuel Busto Iglesias (Cambados) quedou en cuarta posición, mentres que Alejandro Martínez Pradeda (Pontevedra) conseguiu o oitavo posto.
Os resultados serán provisionais ata o próximo 21 de marzo, momento no que se coñecerán os resultados definitivos. Durante este tempo ábrese un período de reclamacións para emendar calquera problema que apareza na listaxe provisional. Os aspirantes daranse cita o próximo 22 de abril data na que se celebrará o acto de asignación de praza MIR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.