Hoxe domingo a Escola de Atletismo do Clube Atletismo Cambados Seguros Noval acadou dúas campionas galegas no Cpto. Galego de Pista Cuberta Sub10, Sub12 e Sub14 que se disputou en Pereiro de Aguiar, Ourense:
- Celia Castro, que revalidou o título en 500m Sub14, acadado o ano pasado.
- Andrea Rey campiona en lanzamento de Peso Sub10.
Ademais logramos clasificar a outros 4 rapaces mais para as finais:
- Hugo Riveiro 13° en 1000m Sub12 e tamen 5° en Lanzamento de Peso Sub12
- Juan Rial 12° en 1000m Sub12
- Noe Abal 9° en 1000m Sub14
- Candela Fdez. 5a en 500m Sub12
Todo un día de gloria para a Escola de Atletismo que, en 3 anos de existencia xa ten 3 títulos galegos.
Noraboa a todos, campións e participantes e como non ao clube cambadés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.