A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos investimentos nun total de cinco municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de cinco partidas por un total de 415.257,57 euros para diversas actuacións en A Guarda, Cambados, Moaña, Tui e Lalín.
No caso de Cambados, o goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha achega de 74.433,85 euros para financiar a pavimentación de beirarrúas e zonas de estacionamento na rúa Sevilla. Este ano, a través do Plan Concellos, Cambados ten a súa disposición 978.374,84 euros, un 2,84% máis que o ano pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.