Un dos accidentes tivo lugar no termo municipal de Vilanova de Arousa. Tres turismos que circulaban pola VG-4.3, á altura do punto quilométrico 2,800, colidiron e segundo informan desde o 112 Galicia unha persoa resultou ferida. Este accidente ocorreu ao redor das 22:15 horas da pasada noite. Foi a esa hora cando os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía informaban ao 112 Galicia do choque múltiple.
Con estes datos, o Centro de Emerxencias pasa aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén deron conta dos feitos á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Cambados, así como, foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.
Minutos antes, sobre as 21:15 horas, no CIAE-112 Galicia rexistrábase outro accidente na mesma vía. Neste caso tratábase dunha colisión entre unha furgoneta e un turismo. Dúas persoas resultaron feridas. Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios e dos axentes de Tráfico, os Bombeiros de Vilagarcía, a Policía Local e Protección Civil de Vilanova. Do mesmo xeito, achegáronse ata ao punto os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.
Unha vez evacuados os feridos e limpa a estrada, a circulación quedou totalmente restablecida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.