Este domingo, 13 de xaneiro ás 19h no auditorio da xuventude, terá lugar a representación da obra de Federico García Lorca “Bodas de sangre”, con entrada de balde.
Bodas de sangre é unha traxedia en verso e en prosa do escritor español Federico García Lorca escrita no ano 1931. Estreouse o 8 de marzo de 1933 no Teatro Beatriz de Madrid pola Compañía de Josefina Díaz e Manuel Collado e escenografía de Santiago Ontañón, que en 1938 foi levada ao cinema por Edmundo Guibourg, protagonizada pola musa lorquiana Margarita Xirgu.
É unha produción poética e teatral que se centra na análise dun sentimento tráxico. Desde o antigo e o moderno, na maneira de ver a traxedia. Todo iso enmarcado nunha paisaxe andaluza tráxica e universal. A través de sentimentos que expresa cada un dos personaxes.
O tema principal tratado neste gran drama é a vida e a morte. Pero dun modo arcano e ancestral, na que figuran mitos, lenda e paisaxes que introducen ao lector nun mundo de sombrías paixóns que derivan nos celos, a persecución e no tráxico final: a morte. O amor destácase como a única forza que pode vencela.
A obra recolle uns costumes da terra do autor, que aínda perduran. Todo iso a partir de obxectos simbólicos que anuncian a traxedia. É constante na obra de Lorca a obsesión polo puñal, o coitelo e a navalla, que en Bodas de Sangre atraen a fascinación e, á vez, presaxian a morte.
Os acontecementos tráxicos e reais nos que podería basearse a obra de Lorca producíronse o 22 de xullo de 1928 no Casarío do Frade, Níjar, Almería. Lorca coñeceunos pola prensa, aínda que a escritora e activista almeriense Carmen de Burgos, orixinaria de Níjar, xa escribira unha novela curta sobre o suceso anterior a Bodas de Sangre, chamada Puñal de claveles, que foi tamén inspiración para o autor granadino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.