O obxectivo é pescudar as causas do afundimento. De momento continúa a busca do mariñeiro desaparecido.
O barco localizouse o sábado a 350 metros da súa última posición coñecida.
Despois de atopar o lugar onde está o barco afundido, este domingo reanudáronse os labores de busca do tripulante desaparecido no naufraxio. O barco afundiuse o día 19 ao sur de Fisterra cando regresaba a Portonovo.
O sinistro deixou tres mortos e aínda hai un desaparecido, Guillermo Casais. Este domingo trabállase na zona coa esperanza de recuperar o seu corpo.
O Buque Don Inda de Salvamento Marítimo desprazouse na mañá deste domingo á zona na que foi localizado o pecio do pesqueiro 'Sen Querer Dous', afundido nas inmediacións de Fisterra o 19 de decembro, para proceder á inmersión do ROV, o robot submarino.
O robot submarino dispón de ferramentas que lle permiten realizar a inspección e transmitir directamente as imaxes ao buque para a súa supervisión. De momento, continua a procura non activa do mariñeiro desaparecido, na que Salvamento Marítimo está en alerta ante posibles avisos que poidan chegar de barcos na zona ou dos rastreos que se producen en terra.
Nova relacionada
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.